Do 12 de maio ao 30 de setembro de 2017 Observadores observados
Presentouse ao público unha nova intervención artística nos espazos do Museo de Belas Artes, neste caso do artista Roberto González Fernández, e que permanecerá exposta ao público ata o mes de setembro.
Observadores observados é unha insólita instalación distribuída polas distintas salas do museo, e composta por trinta e tres retratos masculinos pertencentes á serie Doblemente Vigilados (W-DV), un ambicioso traballo de Roberto González Fernández. A través dela, o autor establece un diálogo entre os seus lenzos e unha selección de pezas da colección permanente, introducindo así un elemento interesante no propio discurso expositivo do museo que invita ao público a revisitar a colección e a achegarse a ela desde una perspectiva totalmente innovadora. En cada un destes lenzos o autor mostra a todo tipo de personaxes que se cobren o rostro coa W –formada polas súas mans-, símbolo da sociedade Web 2.0 na que vivimos, lembrándonos o seu papel de observadores observados. Na proposta de Roberto González para o Museo, confrontaríase a ambos, os personaxes da serie “Dobremente Vixiados” están colgados en lugares insólitos, observando os cadros das distintas salas do museo e interactuando co visitante.
Máis información: http://museobelasartescoruna.xunta.gal/index.php?id=47&inf=106