Ir o contido principal

O viño na adega. Vellos traballos de San Miguel a San Martiño

A exposición, que se pode visitar na adega do Museo Etnolóxico, expón por vez primeira varias pezas singulares da colección vitivinícola deste museo, ao tempo que amosa as vellas formas de vinificación. Tanto as pezas como as fotografías fan referencia ao traballo de vinificación na adega, a un método tradicional e popular, profundamente enraizado nos costumes do Ribeiro, e que aínda mantén unha presenza testemuñal en explotacións familiares.

Neste enlace pode descargar o folleto promocional da exposición.