Ir o contido principal

Do 1 de outubro ao 30 de outubro do 2016 Fogo sagrado: fogo, festa, rito

A exposición, enmarcada no XXXIV Outono Fotográfico, presenta este ano fotografías de Demetrio Monteagudo. Co nexo común do lume, mostra como este é un elemento litúrxico do cristianismo pero tamén o protagonista dos entroidos e outras festas populares. Así, a través do obxectivo da súa cámara, compón un calendario de fogo que se espalla por toda Galicia.

Demetrio Monteagudo González (Vigo, 1952) é un matemático afeccionado á fotografía con obra publicada na Gran Enciclopedia Gallega e na revista Río, e tamén no eido da publicidade. Ten feito exposicións individuais no Centro Goianés (Goián), na Asociación Cultural «Eliseo Alonso» e na Casa do Libro (Vigo). É membro da Asociación Fotográfica Galega (Phosgalicia), e mantén unha galería en liña onde mostra as súas fotografías (flickr.com/photos/degatin)

A súa obra decántase sobre todo polos temas da antropoloxía social, dende festas a tradicións relixiosas ou os traballos tradicionais.

A mostra lévase a cabo coa colaboración do Concello de Ribadavia e coa Asociación de Amigos do Museo.

A exposición pódese visitar no Local Social «Igrexa da Madalena», en Ribadavia, durante o mes de outubro co seguinte horario:

  • Martes a Venres de 12:00 a 14:00 h e de 17:00 a 19:00 h
  • Sábados e domingos de 12:00 a 14:00 h
  • Luns e festivos pechado