Ir o contido principal

A Feira do Viño do Ribeiro. 50 anos dun evento singular

A mostra, que se pode visitar no Patio do Museo Etnolóxico, fai un percorrido sintético por unha feira de enorme interese para a visualización social dos viños do Ribeiro e de Galicia.

A feira ten o seu amencer en abril de 1964, froito da iniciativa de cinco ribadavienses -José Filiberto Soto Lorenzo, Juan A. Bande Alonso, Benito Escudero Gallego, Julio Gómez López e Manuel González Río- que reciben do Concello unha encomenda: programar as celebracións da Virxe do Portal.

50 despois, a Feira do Viño é un espazo comercial, festivo, mediático e identitario, no que se cruzan os intereses publicitarios de adegueiros e colleiteiros coa sociabilidade inherente a toda celebración lúdica.