Do 28 de outubro do 2016 ao 29 de xaneiro do 2017 Eva Lootz. Cut through the fog
Eva Lootz fórmase en Viena, a súa cidade natal, pero en 1968 establécese en España onde desenvolverá o seu traballo. Desde os anos setenta a súa obra achega unha nova maneira de entender as prácticas artísticas ligadas á ampliación do concepto de arte. En 1994 recibiu o Premio Nacional de Artes Plásticas. A exposición Cut Through the Fog reúne un importante conxunto de pezas dos anos setenta e oitenta, a reconstrución dalgunhas das súas instalacións máis significativas, así como obras recentes.
Comisaria: Alicia Murría.