Ir o contido principal

Dentro do Museo

Esta exposición pretende acercar á cidadanía á aspectos da vida interna dun museo. En concreto, ao que acontece dende que unha peza chega ao Museo ata que é mostrada ou instalada nas reservas. Toda unha serie de traballos que non están á vista do visitante (inventario, catalogación, documentación gráfica, consolidación, etc.).

Bens diversos van integrándose nunha colección que se vai construíndo ao longo do tempo, coma unha máquina que non se detén. Obxectos que chegan a través de modos tamén diferentes: doazón, compra, comodato, recolección, intervención arqueolóxica... Cada novo ingreso pode cambiar significados, cada investigación pode descubrir relacións que antes non viamos, cada xeración pode formular preguntas diferentes. Por iso, un museo tamén é un lugar de preguntas que non se deteñen. Porque unha colección non é un almacén do pasado. Porque os obxectos nunca son tan só obxectos. Teñen usos, emocións, crenzas e lembranzas. Acumulan historias, e cando pasan a formar parte dunha colección, a memoria individual convértese en memoria colectiva. Por iso, con esta exposición, baixo o pretexto de amosar os «Novos ingresos no MAPOU», queremos convidar á cidadanía a coñecer como se traballa con esa herdanza, dentro dun museo.