Ir o contido principal

A Cerámica Castrexa en Galicia. Investigación e Recuperación. Museo Municipal de Vigo Quiñones de León

A Cerámica Castrexa en Galicia. Investigación e Recuperación.

Esta exposición é o resultado do proxecto de Investigación e Recuperación da Cerámica Castrexa en Galicia realizado pola Fundación Terra Termarum que ten como obxectivo a elaboración dunha colección de réplicas cerámicas castrexas completamente documentadas a nivel formal, mantendo unhas referencias históricas e arqueolóxicas en canto a acabados, texturas e formas e tratando de caracterizar con elas o conxunto tipolóxico documentado dos castros galegos de referencia. Seleccionáronse aquelas pezas mellor conservadas das que se coñece a forma completa e das que se ten máis información, incluíndo desde as pezas máis comúns ata as máis decoradas, nunha mostra de xacementos castrexos que definan os parámetros temporais e territoriais do mundo da Idade do Ferro en Galicia.

 

Horario: 

Martes a venres: de 10:00 a 14:00 h

Sábados: de 17:00 a 20:00 h

Domingos e festivos: de 11:00 a 14:00 h