Ir o contido principal

Castelao: O retorno a Galicia, 1984. Xan Carballa. Fotografías A mostra, que se pode visitar no Museo Provincial de Pontevedra, está articulada a partir de 52 fotografías realizadas o 28 de xuño de 1984 por Xan Carballa durante os actos desenvolvidos en Santiago con motivo do retorno a Galicia dos restos de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao.

Castelao: O retorno a Galicia, 1984. Xan Carballa. Fotografías

O escritor, artista e líder galeguista falecera na Arxentina en xaneiro de 1950. Desde esa data, o seu corpo descansaba no cemiterio de Chacarita de Buenos Aires, albergado no Panteón Social do Centro Gallego. Restauradas as liberdades democráticas en 1978, a demanda do seu retorno a Galicia pasou a ser unha reivindicación que anos despois sería asumida polo Parlamento galego tras as primeiras eleccións autonómicas. Un acto parlamentario que foi aprobado por unanimidade das forzas políticas representadas, despois dunha proposta impulsada polo deputado nacionalista Camilo Nogueira.