Do 4 de novembro do 2016 ao 22 de xaneiro do 2017 Berta Cáccamo. Expansión ensaio
Comisarios: David Barro e Santiago Olmo
De vocación temperá, Berta Cáccamo (Vigo, 1963) creceu nun universo ligado á creación. Considerada unha das pintoras españolas mais importantes da súa xeración , foi capaz de destilar influencias afastadas no tempo, sempre disposta ao debate coa súa obra, cos problemas da arte e coas súas imaxes.
Esixente e reflexiva, a súa pintra é produto dunha mirada inquieta, emocional e afectiva. Por iso é polo que o título da exposición fale de expansión porque a súa obra é ao tempo un proxecto vital, e de ensaio, porque se escribe en presente continuo e se inscribe na memoria da pintura como material fundamental.
Audio da conferencia [galego e castelán] (David Barro, Berta Cáccamo, Santiago Olmo e Assunta Rodríguez, 4 de novembro de 2016)