Ir o contido principal

Begoña Caamaño Rascado (1964-2014)

No marco da programación do Museo do Pobo Galego polo Día das Letras Galegas, a Biblioteca organiza, como cada ano, unha mostra bibliográfica dedicada á persoa homenaxeada. Nesta edición, estará centrada na figura da escritora e xornalista Begoña Caamaño.

A autora viguesa é a décimo cuarta muller homenaxeada nesta celebración, sumándose a nomes como Rosalía de Castro, Francisca Herrera, María Mariño, María Victoria Moreno, Xela Arias, Luísa Villalta e as cantareiras Adolfina e Rosa Casás, Eva Castiñeira, Teresa García, Asunción Garrido, Prudencia Garrido e Manuela Lema. Nas súas novelas Circe ou o pracer do azul (2009) e Morgana en Esmelle (2012), destaca un revisionismo crítico do canon literario desde unha óptica feminista.