Ir o contido principal

Museo Catedralicio de Ourense

Creado en 1957, foi instalado no claustro gótico da Catedral de Ourense, do século XIII. Os fondos que custodia pertencen a épocas diversas. Pódense agrupar en: obxectos litúrxicos (cálices, bandexas...); o tesouro de San Rosendo procedente do Mosteiro de Celanova; vestimentas litúrxicas; e finalmente escultura e pintura relixiosa.

De entre todas as pezas destacan fundamentalmente: a arqueta de Santa Eufemia, o Misal Auriense (datado en 1494 o que lle supón ser considerado como o primeiro libro impreso en Galicia), a Cruz procesional atribuída a Enrique Arfe, e unha serie de esmaltes de Limoges que pertenceron a unha arqueta do século XII.

https://www.catedralourense.com

Catedral de Ourense. Praza do Trigo, s/n
32005, Ourense

Tlf. 608 505 531
courense@artisplendore.com

Horario

De outubro a marzo
Mañás: de 10 a 14 h
Tardes: de 15 a 18 h
De abril a setembro
De 10 a 19 h ininterrompido


Tarifas

Xeral: 6 €
Xubilados/as: 5,50 €
Estudantes ata 25 anos: 4 €
Peregrinos/as: 4,50 €
Grupos: 3,50 €

Consultar prezos especiais, descontos ou reducións.