Ir o contido principal

Casa das Ciencias

Casa das Ciencias

O museo

A Casa das Ciencias ten a súa sede nun palacete situado no Parque de Santa Margarita. O edificio de planta octogonal ten as salas dedicadas a exposicións interactivas, e na cúpula encóntrase o planetario. Este centro de ciencia interactivo, que foi o primeiro en España de titularidade pública, achega a ciencia aos cidadáns a través de módulos que responden á acción do visitante con comportamentos que espertan a curiosidade e invitan a expor e resolver preguntas. 

O elemento más emblemático deste museo é o seu planetario dixital, no que se pode aprender a recoñecer estrelas, constelacións, planetas e outros obxectos observables a primeira ollada. Os programas abordan todo tipo de cuestións de astronomía e ademais conta con sesións especiais para nenos/as. 

Este centro presta unha atención especial á actualidade da ciencia reflectida nunha exposición que percorre, a través de módulos interactivos, seis áreas temáticas: o clima cambia, na busca da enerxía, a tecnoloxía cambia a nosa sociedade, a saúde é o que importa, os desafíos da natureza e o inesgotable empurre da ciencia. 

 

http://mc2coruna.org

Parque de Sta Margarita s/n
15005 , Coruña, A

Tlf. 981189846
Fax 981189847

info@casaciencias.org

Horario

2 de xaneiro a 30 de abril:
Luns a venres de 10 a 18h; sábados, domingos, festivos e Semana Santa de 11 a 19 h.
1 de maio a 30 de xuño e 1 de setembro a 31 de decembro:
Luns a venres de 10 a 19 h; sábados, domingos e festivos de 11 a 19 h.
1 de xullo a 31 de agosto:
Luns a domingo de 10 a 20 h.


Tarifas

Entrada xeral: 2 €,
Tarifa reducida: 1 €
Planetario dixital: 2 €
Planetario dixital con tarifa reducida: 1 €
As tarifas reducidas aplícanse a menores de 14 anos, maiores de 65 e titulares de Carné Xove. No caso do planetario tamén a titulares de Tarxeta Vente.