Ir o contido principal

10 de abril - 12:00h XXI Ciclo Música para unha época Ciclo de música que combina as pezas dunha determinada época con obras artísticas do mesmo período histórico

Un ano máis, o Museo retoma un dos seus ciclos musicais máis veteranos. Música para unha época busca combinar as obras musicais dun periodo determinado coas obras artísticas das salas do museo correspondentes ao mesmo período histórico, establecendo así un paralelismo entre a música e a pintura.

Esta é a programación para este ano:

Domingo, 27 de marzo

12.00 h

Concerto: Mundo pequeno

Vertixe Sonora. Elena Rey (Violín), Nuno Pinto (guitarra eléctrica), Luc Döbereiner (electrónica), Moisés Barreiro, Pablo Coello, Sara Méndez e Adrián Pais (saxofóns)

 

Domingo, 10 de abril

12.00 h

Concerto: Retrato de muller

Samuel Diz (Guitarra)

 

Domingo, 8 de maio

12.00 h

Concerto: Festival Resis

Dúo Lab.51

Johanna Vargas (soprano), Magdalena Cerezo (piano)

 

Entrada libre ata completar aforo.

*O uso da máscara será obrigatorio durante os concertos