24 de outubro - 12:00h X Xornadas divulgativas sobre o papel da muller no sector pesqueiro e conserveiro SEREAS “as mulleres do mar”
As fundacións FUNDAMAR e FUNPROMAR organizan as X Xornadas divulgativas sobre o papel da muller no sector pesqueiro e conserveiro no marco do programa SEREAS “as mulleres do mar”, ao servizo da divulgación e visibilización da muller no sector mar-industria. O obxectivo da xornada, será homenaxear, como todos os anos, ás novas protagonistas que formarán parte do repositorio SEREAS, grazas a colaboración da Concellería de Igualdade do Concello de Vigo. As xornadas terán lugar o xoves 24 de outubro ás 12:00h, no Museo Verbum de Vigo. Para asistir á Xornada é necesaria a inscrición antes do luns 21 de outubro a través da seguinte ligazón:
Data: xoves, 24 de outubro
Hora: 12:00 -13:30
Lugar: Museo Verbum (Avenida de Samil, 17. Vigo)