Ir o contido principal

7 de xuño - 18:15h Visitas guiadas: O Rexionalismo Programación dentro das actividades de primavera

 

Esta visita guiada céntrase na sala 5, onde se presenta a obra dos principais artistas do Rexionalismo, nados en Galicia nas últimas décadas do século XIX, que buscan a aproximación á cultura popular galega a través da paisaxe, as xentes e os costumes. Ademais, a muller conta cun espazo definido, pois comeza a ter cada vez máis relevancia, non soamente dende o punto de vista iconográfico, senón tamén como creadora.

Con inscrición previa. A apertura da inscrición será o mesmo sábado 7 de xuño dende as 10:00 h.

Consultar nesta ligazón do museo as condicións para a inscrición previa.