Do 5 de abril ao 6 de abril do 2024 - 09:00h As villae na Gallaecia. Establecementos agrícolas-señoriais de época romana. VII Xornadas de Divulgación Científica do Patrimonio Arqueolóxico Lucense
Este luns, 18 de marzo, tivo lugar no Museo Provincial de Lugo a presentación das VII Xornadas de Divulgación Científica do Patrimonio Arqueolóxico Lucense, que levan por título “As villae na Gallaecia. Establecementos agrícolas-señoriais de época romana” e que se celebrarán os vindeiros días 5 e 6 de abril.
Así mesmo, procedeuse á apertura do prazo de inscrición, que poderá realizarse ata o 4 de abril cumprimentando e presentando no Rexistro Xeral da Deputación de Lugo (presencial ou de xeito telemático) o formulario. Poderás atopar o formulario e máis información aquí:
Onde se desenvolve: Museo provincial de Lugo | Deputación Provincial de Lugo
Cando: 05/04/2024 e 06/04/2024
Inscrición: 18/03/2024 a 04/04/2024
Formato: Presencial e Online