11 de decembro - 20:00h Urna de Cameixa Presentación da peza do mes
O museo Provincial de Ourense presenta a peza do mes de decembro. Trátase da peza coñecida coma a urna de Cameixa.
Esta peza descubriuse no ano 1997 nunha fosa próxima ao castro de Cameixa, escavado nos anos 40 por Florentino López Cuevillas e Xoaquín Lorenzo.
Trátase dun recipiente grande (19,5 litros) feito a mán, con decoración plástica de cordóns e mamelóns, que combina elementos locais e posibles influencias atlánticas. A datación radiocarbónica sitúa o seu uso no Bronce Inicial (2335-2039 a.C.), durante o período campaniforme en Galicia.
A peza permanece exposta todo o mes na “Sala San Francisco” e a presentación ó público ten lugar o mércores día 11 de decembro, ás 20 h., con acceso gratuito.