Ir o contido principal

25 de setembro - 18:00h Unha obra agochada Obradoiro familiar

O Museo de Belas Artes da Coruña colabora coa G-NIGHT 2026 coa realización dun obradoiro familiar.

Unha obra agochada é unha experiencia participativa que convida as familias a descubrir unha obra do museo sen vela inicialmente. A través de pistas, descricións e diferentes estímulos sensoriais, as persoas participantes irán construíndo a súa propia interpretación ata que, finalmente, se revele a obra.

Data: Venres 25 de setembro de 2026

Horario: 18:00 a 19:30 h

Destinatarios: Familias con crianzas de 6 a 10 anos.

A actividade é de balde previa inscrición, nesta ligazón.