Ir o contido principal

31 de xaneiro - 11:30h Tinturas naturais Obradoiros mensuais para que a xente nova se divirta mentras coñece o patrimonio cultural

O Museo ofrece os OBRADOIROS CREATIVOS, obradoiros mensuais deseñados para que nenos e nenas de 6 a 12 anos exploren, creen e se divirtan mentres conectan co noso patrimonio.

Cada obradoiro é unha oportunidade para descubrir técnicas tradicionais, transmitir saberes ancestrais e valorar as nosas raíces a través da experimentación e o xogo.

DATAS E TEMÁTICAS:

-31 de xaneiro: Tinguidos naturais

Neste obradoiro a rapazada aprenderá a crear tintas con plantas, verduras e froitas, seguindo os métodos tradicionais que se conservan no noso patrimonio etnolóxico, mentras exploran os saberes que garda o museo.

Actividade:

- Recoñecemento de plantas tintureiras

- Elaboración de tinguiduras naturais

- Tinguidos creativos en panos e teas

- Pequenos experimentos de cores.

O resto dos obradoiros son:

-28 de febreiro: ExpresArte

-21 de marzo: Aluméame: os candís e as candeas

-18 de abril: Perfumes da natureza

-16 de maio: Cianotipia, as primeiras fotografías

Terán unha duración aproximada de 1h 30 minutos.  

As prazas estarán limitadas a 15 participantes por obradoiro.

A inscrición é flexible, poidendo apuntarse a un ou varios obradoiros, segundo a disposición e interese. O prazo de inscrición pecha 3 días antes da data de cada obradoiro. 

Para consultas:

reservas@xeitura.com