Ir o contido principal

21 de maio - 21:30h Soul no Museo Concerto para a Noite dos Museos

Como parte da celebración do Día Internacional dos Museos o 18 de maio, o Museo de Belas Artes organiza un concerto de soul a cargo de Carla Green & The Demons, grupo formado en Santiago de Compostela no 2017 coa intención de levar aos escenarios o mellor soul dos anos 60 e 70.

Outras actividades programadas para conmemorar o Día Internacional dos Museos no Museo de Belas Artes son:

Mércores 18.

- Xornada de portas abertas: actividades e visitas á colección permanente. 10:00 a 20:00 h

- Visitas escolares de centros educativos de Primaria e ESO en horario de 10:00 e 11:30 h

- Visitas musicadas: Proxecto Pesquedellas. 18:00 h e 19:30 h

Sábado 21. 

- Apertura especial do Museo de 10:00 ata as 23:00  horas

- Obradoiros en familia: “Nas nosas mans”. 12:00 h 17:30 h

- Visitas musicadas: Proxecto Pesquedellas. 18:30 h e 20:00 h

Domingo 22.

- Visitas musicadas: Proxecto Pesquedellas. 12:00 h