Ir o contido principal

15 de novembro - 18:00h Sombras de Sargadelos. Obradoiros en familia: tras as pegadas de Isaac Díaz Pardo

Un obradoiro creativo inspirado na obra de Isaac Díaz Pardo.

No marco da exposición temporal dedicada a Isaac Díaz Pardo, este obradoiro convida a nenas, nenos e as súas familias a un escenario de luces e sombras.

Este obradoiro familiar adentrase no fascinante mundo do teatro de sombras a través da imaxinación, da cerámica e a identidade cultural galega. Inspirándose nas formas, símbolos e motivos tradicionais da cerámica de Sargadelos crearanse personaxes, paisaxes e obxectos que cobrarán vida na pantalla iluminada.

Cada familia construirá o seu propio mini teatro e as súas figuras, combinando cartón, papel, luz e creatividade. Xogarase coa luz e a sombras para contar historias únicas onde as siluetas se transforman en arte en movemento.

Unha experiencia creativa, sensorial e colectiva que conecta tradición e expresión contemporánea dende a miradas das nenas e nenos.

Para este obradoiro empregarase o teléfono móvil da persoa adulta acompañante.

Todas as actividades son de balde previa inscrición que se abrirá o luns previo a cada obradoiro a partir das 10:00 horas.

Datas de inscrición: Sombras de Sargadelos

Sábado 15 de novembro: inscrición desde o luns 10 de novembro ás 10:00 horas.

Sábado 22 de novembro: inscrición desde o luns 17 de novembro ás 10:00 horas.

Sábado 29 de novembro: inscrición desde o luns 24 de novembro ás 10:00 horas.

Para máis información, pódese consultar esta ligazón do museo.