17 de xullo - 12:00h Redes de Mallo Actividade de verán no Museo Massó
A través do caderno de Bueu e a serie "La religión del trabajo“ da artista galega Maruja Mallo, obteranse os coñecementos básicos con perspectiva de xénero sobre a obra e a figura de Maruja Mallo e sobre a vida mariñeira que recolleu no caderno de apuntes do ano 1936; as redes, os oficios e as cuestións sociais que se xeran ao redor do traballo no mar.
Para nenas e nenos de 6 a 12 anos.
Con inscrición previa e gratuíta, en museo.masso@xunta.gal ou no teléfono 886 151 101