Ir o contido principal

11 de xullo - 12:00h Que quero facer de maior? Obradoiros de verán no Museo Massó

Actividade educativa para reforzar novos modelos de masculinidade e feminidade, desbaratando os roles machistas que identifican as profesións e os oficios cun xénero determinado. Trabállanse contidos presentes nas exposicións, seleccionando obxectos das distintas ocupacións, e xogos de recortables coa indumentaria representativa das mesmas. 

Para nenas e nenos de 4 a 6 anos.

Inscrición previa e gratuíta, en museo.masso@xunta.gal ou no teléfono 886 151 101