Ir o contido principal

Peza do mes: Ola de San Cibrao de Las Presentación e publicación virtual mensual para afondar no coñecemento de pezas pertencentes ao fondo do Museo.

A peza protagonista deste mes de maio procede do xacemento de San Cibrao de Las (“A Cidade”), en Cenlle (Ourense) e foi recuperada na campaña de escavación de 1992, levada a cabo polo equipo do Museo Arqueolóxico P. de Ourense, na ladeira oeste, arredor da porta da muralla e a rúa empedrada que sube ata a acrópole.

Este recipiente se encadra dentro do chamado grupo de olas con perfís en “S” que son unha forma moi habitual nos contextos de cambio de Era do medio Miño, sendo un dos tipos máis utilizados, quizais pola súa versatilidade.

Como cada mes, o Museo escolle algunha peza de entre os seus fondos –neste caso, dos arqueolóxicos- para ser tratada de xeito pormenorizado e darlle maior visibilidade, afondando no seu contexto e características, datas, filiacións, etc., e reforzar así o seu valor.

Habitualmente faise unha presentación pública na que unha persoa especialista ou investigadora da a coñecer a historia particular, o contexto histórico e as características formais e de estilo da peza escollida. Por mor las circunstancias excepcionais que estamos a vivir, esta presentación está cancelada. Non obstante, a publicación virtual sobre esta peza está dispoñible en PDF neste enlace do Museo Arqueolóxico de Ourense, onde se pode afondar sobre o contexto histórico e as relacións arqueolóxicas desta peza, a cargo, neste caso, de Alba Antía Rodríguez Nóvoa.

Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense