Ir o contido principal

Do 8 de xaneiro ao 31 de xaneiro do 2025 - 20:00h Peza do mes: Equipamento pesqueiro fluvial antigo Presentación e publicación virtual mensual para afondar no coñecemento dos fondos do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense.

A presentación pública terá lugar o 8 de xaneiro ás 20:00 h, na sala de exposicións "Escolma de escultura", con entrada libre.

Como cada mes, o Museo escolle algunha peza de entre os seus fondos (neste caso, dos arqueolóxicos) para ser tratada de xeito pormenorizado e darlle maior visibilidade, afondando no seu contexto e características, datas, filiacións, etc., e reforzar así o seu valor.

A peza protagonista deste mes: Equipamento pesqueiro fluvial antigo.

A publicación virtual sobre esta peza está dispoñible nesta ligazón do Museo Arqueolóxico de Ourense, onde se pode afondar sobre as súas características, cunha descrición máis pormenorizada, a reflexión sobre as súas funcionalidades ou o contexto arqueolóxico no que se levou a cabo o achado, nun estudio a cargo, neste caso, de Laura Casal Fernández.