Ir o contido principal

Do 1 de setembro ao 30 de setembro do 2021 - 10:00h Peza do mes: Biface (Trasalba, Amoeiro) Presentación e publicación virtual mensual para afondar no coñecemento de pezas pertencentes ao fondo do Museo

Como cada mes, o Museo escolle algunha peza de entre os seus fondos –neste caso, dos arqueolóxicos- para ser tratada de xeito pormenorizado e darlle maior visibilidade, afondando no seu contexto e características, datas, filiacións, etc., e reforzar así o seu valor.

A peza protagonista deste mes é un biface de cuarcita de gran fino e de cor rosada, e forma ovalada. Foi recuperado en 1986 fóra de contexto en Chaos de Amoeiro, e depositada no Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense coa sinatura CE006295.

A publicación virtual sobre esta peza está dispoñible  neste enlace do Museo Arqueolóxico de Ourense, onde se pode afondar sobre as interpretacións tipolóxicas, de uso e cronoloxía desta peza e a complexidade do estudio deste tipo de pezas, a cargo, neste caso, de Vicente Rodríguez Gracia.