Do 1 de xaneiro ao 31 de decembro do 2020 - 00:00h PAAR CAMPO LAMEIRO | VISITAS GUIADAS RUPESTRES

Unha experiencia única para coñecer os segredos da man de expertos na materia

Engadindo só 1€ ao prezo da entrada xeral ao Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre Campo Lameiro, ofrécese unha visita guiada da man de expertos na materia para explicar, en primeira persoa e dunha forma divertida, o mundo simbólico oculto entre as rocas e a paisaxe desta área arqueolóxica única en Galicia.

 

Consultar na ligazón os horarios das visitas guiadas programadas para cada día en tempada baixa, media e alta.

 

 

 

Lugar de celebración

Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre Campo Lameiro (Campo Lameiro)