Ir o contido principal

Do 14 de maio ao 31 de agosto do 2025 - 10:00h Os bolechas no Museo Massó Audiolibro

Os bolechas no Museo Massó fanse máis accesibles, agora tamén en audiolibro.

 

Os Bolechas. 20.000 leguas baixo dos mares de Lugrís no Museo Massó” é unha divertida aventura dos Bolechas e o pintor Urbano Lugrís na conserveira Massó. Un conto en forma de viñetas cos populares personaxes que axudan a achegar ao público infantil ao Museo.

Pódese adquirir na libraría institucional da Xunta de Galicia, e a partir de agora pódese descargar como audiolibro dende a páxina web do Museo.