Ir o contido principal

Do 26 de setembro ao 17 de outubro do 2026 - 11:30h Obradoiro infantil de danza Actividade no marco da exposición "Habana Mater"

Obradoiro de danza para nenas e nenos onde descubrir a cultura cubana a través dos seus bailes, músicas, ritmos e instrumentos tradicionais. A través de xogos, coreografías sinxelas e dinámicas en grupo, desenvolverán cuestións como coordinación, movemento, expresión corporal e traballo en equipo.

Destinatarios: Nenos e nenas de 6 a 12 anos.

Datas: Sábados, 26 de setembro, 3, 10 e 17 de outubro de 2026

Horario: 11:30 a 13:30 h

Gratuíto, previa inscrición nesta ligazón