Ir o contido principal

26 de xuño - 20:00h Nación Mar. Cetáceos, navíos, espíritus e mitos Presentación do libro de Xosé Iglesias

Os pobos do mar, todos, sen distinción, son un na súa diversidade cando se enfrontan ao entorno que lles trae a vida e, en moitas ocasións, a morte. Os seres mariños poden ser cazadores ou presas, e as dúas cousas ao mesmo tempo. Sempre misteriosos, como o mundo que habitan. As sabias culturas ancestrais nunca os esquecen e por iso nas súas narracións anímannos a coñecelos, respectalos e mesmo imitalos para alcanzar o éxito na eterna loita pola supervivencia. Nación mar é un berro de vida, unha chamada de atención sobre un ecosistema que loita por sobrevivir sen perder a súa esencia. As súas fermosas evolucións ilustradas transmítennos perfectamente a beleza deste fascinante universo, a simbiose entre os seus moradores e o valor dos coñecementos nados da experiencia, ás veces tráxica, sempre esforzada, convertida nun tesouro transmitido a través de xeracións.