Ir o contido principal

26 de decembro - 20:00h Museo provincial de Lugo: Orixe e consolidación (1932-1982) Presentación da publicación

O vindeiro luns 26 de decembro presentarase o libro Museo Provincial de Lugo: Orixe e consolidación (1932-1982), de Aurelia Balseiro García. O acto terá lugar no salón de actos da Deputación Provincial de Lugo ás 20.00 horas.

A publicación, editada coincidindo co noventa aniversario do centro museístico, trata sobre a súa orixe e consolidación na súa primeira etapa, entre 1932 e 1982. O estudo remata cronoloxicamente en 1982, cando cumpre cincuenta anos de existencia, pero tamén analiza a xestación da idea do museo e os intentos de creación desde mediados do século XIX, recuperando os antecedentes que derivaron no acordo de creación do Museo Provincial de Lugo pola Deputación en 1932.