Ir o contido principal

12 de abril - 19:00h Metade anxo, metade marisco. Maruja Mallo Relatora: Loli Docampo

"Aquí faltan páxinas" é unha inciativa en materia de igualdade da Deputación Provincial de Pontevedra que trata de visibilizar historias de mulleres galegas que non sempre saen nos libros. En Colaboración con esta iniciativa o Museo Massó de Bueu organiza un faladoiro sobre a figura de Maruja Mallo. A relatora será Loli Docampo.