Ir o contido principal

12 de xullo - 22:00h Las malas intenciones Marxes Fílmicas 2021

Ciclo de cine á marxe das vías comerciais dedicado a aproximarse a aspectos da cultura contemporánea en diferentes sociedades. Polo xeral, cada ano adícase a un país, este ano o elixido ten sido Perú.

Rosario García Montero · (Perú, 2011) 106 min. [ND] VOES-ing

Cayetana, unha nena peruana de 8 anos, seica ten o mundo aos pés. Ela procede dunha familia de clase alta, e non lle faltan comida nin xoguetes, así como criados que a velan. A súa infancia ten lugar a principios dos anos 80 en Lima, cando a violencia terrorista comezaba a sacudir o país. Cayetana é moi intelixente, pero cunha personalidade algo escura. Os seus pais están separados. Despois de regresar dunha longa viaxe, a súa nai, Inés, dálle unha nova inesperada: está embarazada do seu novo mozo. Entón, o fráxil mundo de Cayetana derrúbase. A rapaza péchase no seu cuarto e declara que o día do nacemento do seu medio irmán será o día da súa propia morte. Só a súa imaxinación e a irrupción dos heroes nacionais dos seus textos escolares - Olaya, Grau, Bolognesi -, aos que admira, poderán salvala dun ambiente familiar cada vez máis alleo nun país ao bordo do colapso.

Nas proxeccións observaranse as medidas de prevención establecidas pola lexislación vixente diante da crise sanitaria ocasionada pola COVID-19.
Advertimos como sempre no cine ao aire libre, que a programación pode verse condicionada polas circunstancias meteorolóxicas.

Todas as proxeccións son en VOE; Versión orixinal en castelán. A calificación por idades de cada filme sigue o seguinte patrón; [A] apto, [+N] recomendado para maiores da idade que marque N, [ND] Non dispoñible a calificación no ICAA.

O aforo é limitado. Pregamos puntualidade.