17 de xaneiro - 12:00h A luz das ánimas Proxección dun documental no Museo Liste
O Museo Etnográfico Liste de Vigo acolle a proxección do documental “A luz das ánimas” dirixido por Sergio Santos Otero e producido por Lembrame.gal.
En A luz das ánimas mergullámonos nunha viaxe por un universo de luces, voces, lembranzas e camiños que unen xeracións. É certo que se fala da morte, pero dunha morte que mantén vivos, a través da memoria, a aqueles que xa abandonaron este mundo. A peza pretende amosar, así, a forza das tradicións e da memoria colectiva galega.
Desenvolvemento:
Presentación do documental a cargo de Gusi Domarco de Lembrame.gal
Proxección.
Debate participativo.
A entrada é de balde.