Ir o contido principal

12 de maio - 19:00h Historias de muíños e muiñeiros/as na cerna de Galicia Presentación do libro de Mª Montserrat Varela Vázquez

Un ensaio que aborda o patrimonio etnográfico dos muíños, tanto no seu aspecto material como, sobre todo, no inmaterial: costumes, tradicións, prácticas dos oficios, folclore e tamén o transcurso do tempo, os cambios sociais e as persoas que traballaban e acudían aos muíños en distintos concellos do interior de Galicia. A obra afonda en todos estes temas a través das palabras de case corenta informantes e as súas historias de vida, complementadas con cantigas, poesías e contos arredor dos muíños.

Editada coa colaboración do Museo do Pobo Galego, a obra recibiu unha mención especial no Premio Vicente Risco 2025.

Martes, 12 de maio, ás 19 horas

Ala Sur. Museo do Pobo Galego