Ir o contido principal

Do 8 de xullo ao 10 de xullo do 2022 - 16:00h FOTOAUGAFORTE OBRADOIRO ESPECIALIZADO DE GRAVADO 2022

O Museo do Gravado de Artes (Ribeira) organiza un novo obradoiro de gravado: FOTO-AUGAFORTE, que está dirixido por José Fuentes Esteve (Universidade de Salamanca e o Instituto Universitario de Investigación en Arte e Tecnoloxía da Animación da USAL). O curso está limitado a 12 prazas e está dirxido a artistas plásticos e/ou persoas con licenciatura en Belas Artes ou persoas interesadas no mundo da estampa.

O curso realizarase os días 8, 9 e 10 de xullo de 2022 no seguinte horario:

Vernes 8: de 16.00 a 20.00 h
Sábado 9: de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 h
Domingo 10: de 10.00 a 14.00 h

PRAZAS: 12 prazas
PREZO CURSO: 250 €