Ir o contido principal

Do 18 de maio ao 24 de maio do 2026 - 10:00h Día Internacional dos Museos 2026 Diferentes actividades para conmemorar o DIMU 2026

O Museo do Viño de Galicia en Ribadavia súmase á celebración do Día Internacional dos Museos do 2026 baixo o lema internacional "Museos unindo un mundo dividido", ofrecendo actividades especiais que fomentan o coñecemento do patrimonio vitivinícola. A programación inclúe visitas guiadas, obradoiros e catas durante o mes de maio:

De luns a domingo do 18 ao 24 de maio

Obradoiro “O tesouro do irmán Santiago”

Esta actividade será realizada a demanda, para todos os públicos, cun mínimo de 4 persoas e un máximo de 20, durante toda a semana entre o luns 18 e o domingo 24, de 10:00h a 14:30h e de 16:00 a 19:30 h.

Formúlase como unha actividade para grupos de amigos e familias. Neste obradoiro, os/as participantes deben resolver unha serie de enigmas en relación co mundo do viño e a historia do propio museo, para o cal, coa axuda dun mapa, percorrerán as diferentes salas na procura de respostas. Con este roteiro preténdese achegar os contidos do museo ao público non especialista, de forma didáctica e amena.

Esta actividade pretende promover o respecto e a conservación do patrimonio vitivinícola, a través de incentivar o traballo en equipo e a capacidade dedutiva e cognitiva dos/as participantes, mediante a resolución de probas intelectuais, así como fomentar a coordinación e o sentido da orientación.

22 de maio

Conferencia “Viños escoitados”

19:00h

Conferencia con cata de viño, musicada, por Juanjo Fogueroa Treus. Trátase dunha actividade para escoitar e apreciar o viño sen complicación, mediante unha harmonía de viños e cancións.

Para público adulto. Aforo máximo de 50 persoas.

De luns a domingo do 18 ao 24 de maio

Visitas guiadas

Dirixidas a todos os públicos.

  • Individuais: 11:00h e 17:30h.
  • Para familias: sábado e domingo: 23 e 24 de maio: 12:00h e 18:00h.
  • Para grupos: dispoñible con solicitude previa para un mínimo de 10 persoas.

Horario especial de apertura do museo, de luns 18 a domingo 24, de 10:00h a 14:30h e de 16:00 a 19:30 h