Ir o contido principal

8 de outubro - 16:00h CURTOCIRCUÍTO 2022 NO CGAC

CURTOCIRCUÍTO 2022 NO CGAC

08 outubro 2022

16.00 h

Auditorio do CGAC

Coordinación: Carmen Hermo (CGAC)

 

Un ano máis o CGAC colabora co festival internacional de cinema Curtocircuíto na súa 19ª. edición.

O festival naceu en Santiago de Compostela no ano 2003 como unha iniciativa do concello da cidade coa intención de potenciar a creación cinematográfica no ámbito da curtametraxe.

Dezaoito edicións despois, Curtocircuíto é un festival destacado no panorama estatal que traballa en contacto directo con outros festivais de Europa. Na súa sección oficial compiten películas de todo o mundo e nas seccións paralelas ofrécese unha ampla variedade de duracións e formatos, tendo sempre a contemporaneidade e o risco como referentes. Curtocircuíto é un festival comprometido co seu tempo, que apoia os creadores e creadoras, a formación e a integración da cidadanía no mesmo. Máis aló de ser un festival de cinema, coas súas actividades paralelas e concertos, Curtocircuíto é un punto de encontro lúdico e cultural.

ACTIVIDADE NO CGAC: ENCONTRO CO PÚBLICO TODD SOLONZD

Ver unha película de Todd Solondz significa mergullarse nun submundo de personaxes sombríos: inadaptados misántropos, parias sociais e losers de arrabalde. As súas reparticións conteñen–desde o seu debut Welcome to the Dollhouse (1995) ata ata Wiener-Dog (2018) pasando polo máis sórdido, que é o reunido en Happiness (1998)–, un elenco lendario de actrices e actores como Philip Seymour Hoffman, Danny DeVito, John Goodman ou Heather Matarazzo que se pasearon polas súas películas ao longo dun New Jersey baldío, unha especie de suburbio sen fin que non coñece a esperanza.

Con motivo do encontro con Solondz recuperamos un clásico das nosas programacións, a sección Signed By, na que propoñemos a grandes cineastas que exerzan de programadores do festival e asinen un programa composto polas películas que foron determinantes na súa carreira.

Nesta edición, propoñemos unha sesión dobre que incluirá, por unha banda, a proxección dese conxunto de filmes esenciais para el–que inclúe traballos de Kenneth Anger, Paul Morrisey, Kuchar Bross.,Rus Meyer ou Paul Bartel–e, por outro, un encontro en liña dunha hora e media na transcurso do cal poderemos charlar sobre esa selección e sobre outros temas relativos á súa obra.

 

Programa:

1ª Sesión

16:00 h. Signed by Todd Solondz

Scorpio Rising (Kenneth Anger, 1963). Duración: 28 min

The Secret Cinema (Paul Bartel) Duración: 30 min

Two (Satyajit Ray, 1965) Duración: 12 min

Smack in the Middle, episodio 2 da primeira temporada da serie de televisión Batman (Robert Butler, 1966). Duración: 8 min

Trash (Paul Morrissey, 1970). Duración: 4 min 20 s

Heat (Paul Morrissey, 1972). Duración: 1 min 26 s

The Pop Art Affair, episodio 6 da terceira tempada da serie de televisión The Man from U.N.C.L.E. (George Waggner, 1966). Duración: 8 min

She-Devils on Wheels (Herschell Gordon Lewis, 1968). Duración: 5 min

 

2ª Sesión

17:30h. Encontro co público con Todd Solondz

Videoconferencia