Do 11 de maio ao 22 de maio do 2026 - 19:30h Conmemoración do Día Internacional dos Museos Celebración do DIMU 2026
Para o Día Internacional de los Museos 2026 (18 de mayo), o Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense forma parte da programación especial da Dirección Xeral de Cultura baixo o lema internacional "Museos unindo un mundo dividido", incluíndo actividades durante varios días, con música e conferencias. Todas son de balde e sen inscrición previa.
Luns 11 de maio
Conferencia do ciclo “Arqueoloxía en monodose”
19:30h
Conferencia dentro do ciclo "Arqueoloxía en monodose": Da arquitectura á arqueoloxía das igrexas altomedievais hispánicas. Por Mª Ángeles Utrero.
Mércores 13 de maio
A peza do mes
20:00h
Presentación pública da peza do mes de maio: "Placa de cinto (Oimbra)”.
Luns 18 de maio
Conferencia do ciclo “Arqueoloxía en monodose”
19:30h
Conferencia dentro do ciclo "Arqueoloxía en monodose": A moeda na Alta Idade Media en Galicia. Por Antonio Roma.
Venres 22 de maio
Concerto do Dúo Raíces
19:00h
No claustro novo do Arquivo Histórico Provincial de Ourense.