23 de setembro - 20:00h Concerto de inicio de temporada Comezo do ciclo dos concertos de outono
Este concerto, a cargo do grupo compostelán Mad Martin Trio, constitúe un evento festivo dirixido a todo tipo de público, co que o Museo de Belas Artes da Coruña inicia as súas actividades de outono na praza exterior do museo.
A mellor banda de Rock ‘N’ Roll clásico da escea galega e, sen dúbida, a que máis público arrastra nos seus explosivos shows, Mad Martin Trio está liderado por Martín Esturao o cal formou parte de bandas galegas tan importantes coma Clan Moriarty, Los Feliz,Tombstones ou Dr. Gringo. O seu primeiro traballo saíu no 2014 e leva o título de “It was a very good year”, tema orixinal de Ervin Drake e que popularizou o gran Frank Sinatra. No 2015 gañaron o concurso “Azkena Rock Party”, festival que se celebra en Vitoria e está considerado dos mellores do país onde tocaron todos os grandes do Rock ‘N´ Roll. Neste 2022 Mad Martin Trio sacará o seu cuarto traballo e presentarase polos escenarios galegos a ritmo do mellor Rock ‘N ´Roll.