28 de outubro - 19:00h Concerto de chaconas Actividade de remate da exposición «Chacona. A canción de Santiago»

Con motivo da finalización da exposición «Chacona. A canción de Santiago», o Museo das Peregrinacións e de Santiago, da man de Fernando Reyes, comisario e director de RESONET, presentan un audiovisual para despedir a mostra.
Contaremos coa presenza de Mercedes Hernández, soprano, quen realizará un pequeno concerto de chaconas.
Terá lugar o vindeiro venres, 28 de outubro, ás 19:00 horas, no Museo das Peregrinacións e de Santiago (Praza de Praterías), en Santiago de Compostela.