Do 20 de decembro ao 21 de decembro do 2024 - 11:00h Centenario da descuberta da arracada de Vilar de Santos
No ano 1924, Benito Saburido, no lugar de Vilariño atopou de forma casual a coñecida como arracada de Vilar de Santos. Foi dada a coñecer en 1939 por Florentino López Cuevillas e dende 1978 forma parte da colección do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense. Con motivo do centenario deste achado o Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense xunto co Museo da Limia organiza unha exposición pública da arracada os días 20 e 21 de decembro no Museo da Limia en Vilar de Santos, e unha xornada cunha serie de intervencións que contextualizan esta peza, o venres, 20 de decembro ás 18.00 h, no salón Multiusos do Concello de Vilar de Santos.