26 de outubro - 20:00h Cata disruptiva: engana os teus sentidos
Xoan cannas presenta “Cata disruptiva: engana os teus sentidos”
Xoan Cannas (Vigo, 1972) é diplomado en Ciencias da Educación, e dende hai anos exerce un labor didáctico no mundo do viño, ao que leva ligado desde 1989 en diferentes proxectos de hostalería, viticultura e enoloxía. En 2002 foi Campión Galego de Sumillería. Dende 2012 dirixe o Instituto Galego do Viño, un centro dedicado á formación especializada en viticultura e á promoción dos caldos galegos.
Entrada de balde ata completar aforo