Ir o contido principal

14 de xullo - 22:00h Canción sin nombre Marxes Fílmicas 2021

Ciclo de cine á marxe das vías comerciais dedicado a aproximarse a aspectos da cultura contemporánea en diferentes sociedades. Polo xeral, cada ano adícase a un país, este ano o elixido ten sido Perú.

Melina León · (Perú,2019) 97 min. [ND] VOE

O xornalista Pedro Campos (Tommy Párraga) investiga a misteriosa desaparición dun bebé acabado de nacer dunha muller de Ayacucho, Georgina Condori (Pamela Mendoza Arpi), que migra a Lima por mor do terrorismo que azota a súa rexión. Georgina busca axuda na comisaría e no pazo de xustiza sen atopala, mais chega ás oficinas do xornal local onde Pedro Campos toma o seu caso.

Nas proxeccións observaranse as medidas de prevención establecidas pola lexislación vixente diante da crise sanitaria ocasionada pola COVID-19.
Advertimos como sempre no cine ao aire libre, que a programación pode verse condicionada polas circunstancias meteorolóxicas.

Todas as proxeccións son en VOE; Versión orixinal en castelán. A calificación por idades de cada filme sigue o seguinte patrón; [A] apto, [+N] recomendado para maiores da idade que marque N, [ND] Non dispoñible a calificación no ICAA.

O aforo é limitado. Pregamos puntualidade.