Skip to main content

Presentación do catálogo "Memoria e Azougue. A liñaxe dos Llanos (1987-1970)" no Museo Etnolóxico de Ribadavia

Catálogo "Memoria e Azougue. A liñaxe dos Llanos (1987-1970)"

O venres 4 de abril o Museo Etnolóxico de Ribadavia presentou o catálogo Memoria e Azougue. A liñaxe dos Llanos (1987-1970), da exposición do mesmo nome, que estará aberta no Museo ata o 20 de abril. Unha mostra que quere dar a coñecer o traballo fotográfico da liñaxe composta por Francisco Llanos Mas, o seu fillo, Francisco Miguel Llanos Trápaga e o seu neto Ángel Llanos González. Estruturada en tres seccións: Arquitectura, Retrato e Acontecemento, constitúe unha biografía de Vigo desde os anos finais do século XIX até os momentos do apagamento do réxime franquista.

Na presentación estiveron presentes a directora do Museo, Mª Pilar Núñez, xunto co alcalde de Ribadavia, César Fernández, o alcalde de Beade, Fernando Taboada, os comisarios da mostra, Víctor Vaqueiro e Manuel Pérez Rúa, e o deseñador gráfico Carlos Álvarez.