O Museo Massó de Bueu organiza a exposición 25 N. Os Desastres da guerra. O corpo das mulleres como arma de guerra
O Museo Massó de Bueu organiza esta exposición temporal co motivo da celebración do Día internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres.
Nesta exposición de Unha peza singular móstrase o exemplar desta serie de gravados de Goya que forma parte da colección do museo. A partir da selección de estampas nas que o artista nos deixa un cru testemuño gráfico das violacións que sufrían as mulleres por parte dos soldados, queremos denunciar a actualidade destas imaxes acompañándoas con titulares de prensa de horrores semellantes nas guerras recentes.