Skip to main content

Inauguración de “Viae ad limina Sancti Iacobi”, a nova exposición no Museo das Peregrinacións e de Santiago

Onte 3 de agosto presentábase a mostra "Viae ad limina Sancti Iacobi", composta por máis de 40 debuxos, do artista Chencho Pardo Valdés, nos que se amosan cidades e vilas galegas que forman parte da rutas xacobeas. Pode visitarse no Museo das Peregrinacións e de Santiago, cos horarios e precaucións establecidas, que se poden consultar nesta ligazón.

"Viae ad limina Sancti Iacobi" é a colección máis querida do artista Chencho Pardo Valdés, quen gardou con esmero os debuxos relativos a Galicia e pasaron a formar parte da súa colección privada. Esta exposición non só sorprende pola calidade artística dos debuxos e a súa minuciosidade, a caligrafía que os acompaña ten o estilo propio do autor.