Skip to main content

XVII Leccións Xacobeas Internacionais da USC: Patrimonio e voces do Camiño de Santiago

Do 20 de xullo ao 23 de xullo do 2026 - 09:00h XVII Leccións Xacobeas Internacionais da USC: Patrimonio e voces do Camiño de Santiago Curso de verán da Universidade de Santiago de Compostela (USC)

No mes de xullo terá lugar no Auditorio do Museo das Peregrinacións e de Santiago as XVII Leccións Xacobeas Internacionais, o curso de verán da Universidade de Santiago sobre o Camiño de Santiago e as Peregrinacións. Baixo o título "Patrimonio e voces do Camiño de Santiago", esta edición desenvolverase no Auditorio do Museo entre os días 20 e 23 de xullo.

Para MÁIS INFORMACIÓN e INSCRICIÓN:

"XVII Leccions Xacobeas Internacionais da Universidade de Santiago de Compostela: patrimonio e voces do Camiño de Santiago"

Expoñer á comunidade universitaria e a todos os interesados no Camiño de Santiago e a cultura xacobea as últimas investigacións sobre o Camiño e as peregrinacións internacionais, particularmente sobre o seu patrimonio histórico e artístico, desenvolvidas tanto na Universidade de Santiago de Compostela como noutros centros científicos nacionais e internacionais.