2 de maio - 11:00h Obradoiro de cerámica castrexa Obradoiro para adultos en Viladonga
Un ano máis, o Museo do Castro de Viladonga acolle un obradoiro de cerámica castrexa. Un obradoiro dirixido ao público adulto con ganas de aprender a facer cerámica ao xeito dos habitantes dos castros, coa técnica do rolo. Faise todo o proceso de elaboración, polo que tras o aprendizaxe, o deseño e a feitura do 2 de maio (en dúas quendas), farase tamén a cocción en forno aberto o 30 de maio.
Na inscrición terán preferencia as persoas que non se apuntaran en edicións anteriores. Esta inscrición é telefónica, no 982 870 160.
Sábado 2 de maio: dúas quendas, de 11:00h a 14:00h e de 16:00h a 18:00h
Sábado 30 de maio: de 11:00h a 15:00h