9 de novembro - 12:30h Danzas do mundo Día do Museo 2025. Celebración do décimo aniversario do museo
Todos os públicos
Prazas limitadas - Necesaria inscrición previa
As danzas tradicionais son unha das formas de arte máis antigas e forman parte dos bens culturais da humanidade. Nesta sesión práctica de iniciación a ritmos e danzas de diferentes culturas, Pilar Conde, da escola Danzalia Mundi, convidanos a descubrir o estimulante que pode ser esta actividade colaborativa, compartindo e gozando xuntos.
Para dúbidas e preguntas relacionadas coas actividades e inscrición: difusion.mdperegrinacions@xunta.gal ou 881 867 322 (de luns a venres de 9 a 14.00 h.)